Artigos

Confirmada a estafa das preferentes

As persoas afectadas perderán case a metade dos aforros. Xosé Manuel Beiras di que a "quita" é un roubo e que o poder político é responsábel por arrugarse ante o poder financeiro.

Anova defende a devolución 100% dos aforros ás persoas estafadas, pois foron enganadas coa comercialización destes produtos fraudulentos e agora perden parte dos seus aforros para salvar os balances da banca española.

Mediante estes produtos, as máis de 60.000 persoas aforradoras pasaron de ser depositarias a accionistas, cando son aforradoras e non inversoras. Segundo Xosé Manuel Beiras, a "quita é un roubo", pois as persoas afectadas son vítimas dunha estafa por parte das directivas dos bancos e das extintas caixas galegas, estafa coñecida polo Banco de España.

Esta situación actual das caixas e o perigo destes produtos financeiros xa fora advertida por Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galiza en 1995. No mes de febreiro pasado, o voceiro de Anova denunciara no Parlamento que "mentras un pícariño calquera do submundo dos arrabaldos da Coruña ou de Vigo que furta un reló ou unha carteira se non ten a sorte de que xuíz sexa unha persoa razonábel pode pasar meses ou anos agardando o xuízo na cadea mentres dirixentes de entidades financeiras que fixeron unha estafa monumental andan por aí tan rampantes. Pero os responsábeis fundamentais son vostedes, o poder político, que se arrugan e non cumplen co seu deber."

Bookmark and Share
Se queres contactar con Anova-Irmandade Nacionalista podes enviar unha mensaxe co seguinte FORMULARIO

Anova publica baixo a seguinte licenza Creative Commons:

Vostede está aquí: Home