Artigos

Anova diante do Día Forestal Mundial

Anova-Irmandade Nacionalista, diante da celebración, mañán 21 de Marzo, do Dia Forestal Mundial, tamén institucionalizado como Fésta da Árbore, quere facer un chamamento a todos os sectores socio-económicos do País para esixir da Xunta de Galiza unha modificación rotunda da súa conducta forestalista.

Esta conducta está ligada exclusivamente ao pairo das especies de crecemento rápido, sen ademáis ter posto medida algunha para o control da propagación da especie eucalipto nas mellores terras, agravada coa presenza de pragas e enfermidades que se extenden sobre dita especie e que dá lugar a intervencións agresivas para o medio ambiente.

A carencia dun plano de ordenamento do monte galego, dos recursos productivos, dunha estratexia de futuro, conleva a perda de oportunidades para os propietarios e comunidades de montes, non garantindo a sostenibilidade e, por engádega, as posibilidades de desenvolver un tecido que xenere emprego no medio rural.

Solicitamos da Xunta de Galiza, un troco da política seguidista implantada polo franquismo e a apertura con carácter de urxencia dunha liña de actuación consensuada no Consello Forestal de Galiza, para deseñar un Plano para Monte Galego integrado dentro da política agraria, tendo en conta os diferentes usos e as tendencias a nível nacional e mundial, en canto a demandas competitivas e socialmente asumibles.

O dia 21 de Marzo, debe de servir para algo máis que facer a foto con escolares nunha prantación, senón que debe de ser motivo de fonda reflexión da situación do monte galego.

Bookmark and Share
Se queres contactar con Anova-Irmandade Nacionalista podes enviar unha mensaxe co seguinte FORMULARIO

Anova publica baixo a seguinte licenza Creative Commons:

Vostede está aquí: Home