Anova chama á participación nas mobilizacións do 1º de maio

Anova fai un chamamento á participación da maioría social agredida dos actos do 1º de maio en Galiza, o Día Internacional da Clase Traballadora. Nos seus documentos políticos, Anova defende un Marco Galego de Relacións Laborais e a democratización da empresa.







































