Beiras afirma que só “a xente en pé de guerra cívica” será quen de rematar coas agresións do poder

"O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento", denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, "xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade".
Presentación do libro: Os sistemas electorais en España

A área e o grupo de traballo da Mocidade de Anova organizan a presentación do libro de Pablo Gregorio Taboada Os sistemas electorais en España. Será este venres, 24 de maio, ás 19:30 h na libraría Couceiro, en Compostela.
18 de maio: Día Internacional dos Museos

Precisamos Anovar a política cultural. Unha nova política que se mergulle no traballo silandeiro dos museos locais levantados de xeito cooperativo. Unha nova política que protexa o patrimonio ao ar libre. Unha nova política que conecte o patrimonio nacional coas novas tecnoloxías na procura da socialización do coñecemento.
A lingua galega é unha lingua viva: manifesto no Día das Letras

Onte, 17 de maio, Xosé Manuel Beiras acompañou os representantes do Grupo de Lingua de Anova nunha rolda de prensa para presentar o manifesto polo 17 de Maio. A responsable de lingua, Mar Blanco, presentou o traballo realizado polo grupo centrado no contacto con distintas asociacións a prol da lingua e nas actividades de conmemoración de Cantares gallegos, cun acto nas redes sociais e para o vindeiro outono cunha acción pública en Padrón. >> Consulta o manifesto aquí.
Unha nación sen lingua é unha nación sen corazón

A mocidade de Anova edita cartaz do Día das Letras e proclama, como di un proverbio galés, que "Unha nación sen lingua é unha nación sen corazón". [Deseño de Marcos Amoedo, de Anova Pontevedra].
Alternativa Galega de Esquerda impulsa un programa para incorporar mozas e mozos á actividade agraria

O Parlamento apoia unha proposta do deputado Antón Sánchez para constituír un grupo de traballo a partir de medidas concretas como a dotación de recursos ás Oficinas Agrarias comarcais, creación de liñas de axuda para prácticas en explotacións agrarias, axudas para inicio de actividade ou protección de mercados locais. >> Consulta a proposta na ligazón: aquí.








































